170303muller

A USC celebra na Casa do Saber en Lugo o acto do Día Internacional das Mulleres

A USC celebrará o acto institucional conmemorativo do Día da Internacional das Mulleres este martes 7 de marzo, a partir das 12.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, no marco dunha sesión que servirá de recoñecemento á Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra pola súa traxectoria a prol da igualdade de oportunidades da USC.

A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, será a encargada de guiar este acto, no que tamén intervirán a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez,  a deputada provincial delegada da área de Cultura, Pilar García Porto, e a coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, Eva Aguayo.

Unha intervención teatral a cargo de María Peinó e Teresa Fraga, dúas actrices da compañía de teatro USC-Lugo, que interpretarán un fragmento da peza ‘Km526’ no que falan Juana Capdevielle e María Zambrano, servirá de apertura do acto institucional conmemorativo do Día Internacional das Mulleres. O Espazo de Danza da USC pechará a sesión coa posta en escena da peza ‘Pulsos’, unha coreografía de Rosa Acuña e con Vicente Ávila, Sara Domingo, Sonia L. Pumarega e Álvaro Rodríguez como intérpretes.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.