Venres 19 Abril 2024

A USC abre a inscrición para o seu curso de coMprende para mulleres emprendedoras

Coa fin de mellorar a ratio de intención e participación da muller na actividade emprendedora, a Universidade de Santiago organiza para mediados deste mes o programa formativo gratuíto ‘coMprende. Competencias necesarias para o Emprendemento das Mulleres’. A inscrición remata o 16 de maio.

O curso, dirixido a mulleres universitarias emprendedoras, ten como obxectivo desenvolver as competencias necesarias para o emprendemento aumentando a confianza das participantes e mellorando as posibilidades de éxito no inicio e desenvolvemento dun negocio.

Publicidade

O programa formativo pretende fomentar, a través do asesoramento profesional, o desenvolvemento de actuacións específicas de orientación e apoio a mulleres universitarias que contribúan a corrixir o marcado desequilibrio de xénero existente no seno destas institucións académicas, facilitando a súa incorporación e permanencia na actividade empresarial.

O curso, a realizar entre o 17 de maio e o luns 13 de xuño, enmárcase en Innovatia 8.3, proxecto froito da colaboración da USC, a través de UNIEMPRENDE e de WomanEmprende, co Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Start-ups con ADN galego triunfan grazas á súa aposta pola ciencia e innovación

Indestia, Innogando, Neutron Insights, Diversa e Psico VR convértense en pouco tempo en referentes do emprendemento na comunidade 

Unha nova iniciativa de Clúster TIC impulsa o emprendemento tecnolóxico galego

As propostas seleccionadas contarán co respaldo de socios da entidade para optimizar os seus modelos de negocio

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada