claustro vigo

A Universidade de Vigo rebaixa o seu orzamento un 2,79% ata os 160 millóns para 2016

O vicerreitor de Economía e Planificación, José Manuel García, presentou ante o Claustro este luns as liñas básicas de actuación orzamentaria da Universidade de Vigo para o exercicio de 2016, que fixan un montante para o vindeiro ano de 160.586.524 euros. Esta contía supón un valor inferior ao do ano 2015, nun 2,79%, debido ás estimacións realizadas verbo do novo Plan Galego de Financiamento Universitario e, principalmente, á finalización da axudas de investigación a proxectos como Táctica, Biocaps ou Cinbio.

Ademais, o vicerreitor incidiu tamén en que o novo programa Horizonte 2020 da UE está nas fases iniciais de execución e as axudas en fase de convocatoria, o que reduce a captación de recursos externos para o 2016.

Os gastos de persoal representan case o 60% do total do orzamento

O vicerreitor de Economía destacou que o orzamento previsto para 2016 parte dunha previsión “conservadora”, xa que só se computan ingresos que están asegurados, aínda que a institución agarda que no vindeiro ano reciban contías a maiores, por exemplo, relativas á rehabilitación dos tres edificios do Berbés nos que se instalará unha sede institucional, ou referentes ao Campus do Mar e ao Campus da Auga. No tocante aos ingresos previstos para o vindeiro exercicio, dos 160.586.524 euros orzamentados, o capítulo máis relevante é o IV, referente ás transferencias correntes, que representa 72,55% do total dos ingresos (116,5 millóns de euros), seguidos das transferencias de capital, co 17,19%.

O obxectivo do orzamento, sinalou, “é conseguir ao final do exercicio un superávit por saldo corrente de 3,3 millóns de euros que necesitaríamos para pagar os intereses e amortización da débeda pública que temos asumido e que sería o resultado que nos garantiría un equilibrio total das contas da Universidade”, remarcou. Na presentación das liñas principais de gasto, José Manuel García, fixo fincapé no capítulo I para destacar que os gastos de persoal seguen a ser a principal partida, cun 59,18%, do total do orzamento e un importe de 95.040.900 €.

Máis información no seguinte enlace:

O orzamento da Universidade para 2016 será de 160,6 millóns de euros

O vicerreitor de Economía informou ao Claustro das liñas básicas de actuación orzamentaria Argimiro Rojo, Defensor Universitario, continúa en funcións ao non acadar os votos precisos para a reelección O vicerreitor de Economía e Planificación, José Manuel García, presentou ante o Claustro este luns as liñas básicas de actuación orzamentaria da Universidade de Vigo para o exercicio de 2016, que fixan un montante para o vindeiro ano de 160.586.524 euros.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.