Venres 29 Marzo 2024

A Universidade de Santiago ofertará un máximo de sete prazas de investigación Ramón y Cajal

A USC ofertará cinco prazas Ramón y Cajal correspondentes á última convocatoria deste programa de axudas para persoal investigador con traxectoria destacada, segundo acordou o Consello de Goberno. Ese número podería aumentar ata un máximo de sete de existiren candidatos de interese singular e estratéxico para a USC pola súa excelencia ou especificidade. En calquera caso, a formalización das prazas deberá ser ratificada unha vez efectuadas as propostas polo mesmo órgano de goberno. As prazas deberán distribuírse por áreas de coñecemento utilizando un criterio de prioridade por necesidades docentes estruturais, e no caso de que a área sexa excedentaria e non exista financiamento externo será necesario o compromiso de cofinanciamento do grupo ou unidade de investigación que o solicita.

Na instrución cos criterios para formular a oferta de prazas da USC, na que se aclara a imposibilidade de garantir a estabilización, recoméndase que as solicitudes traten de incorporar novos perfís e capacidades complementarias ás xa existentes na USC a efectos de fortalecer a competencia das unidades de investigación.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia notifica 10 mortes ao día por consumo de tabaco

A investigadora da USC Julia Rey Brandariz constata na súa tese que a comunidade galega é a duodécima que máis falecementos rexistra por esta substancia

O aire en Europa é o máis seco dos últimos 400 anos

Unha investigación demostra que, desde principios do século XXI, se está a producir un desecamento xeralizado debido á actividade humana

Identificada unha proteína esencial na regulación da obesidade

Un estudo do CSIC descobre que Dido1 ten unha función clave no desenvolvemento do tecido adiposo

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento