A Universidade de Santiago nomea 13 novos profesores eméritos

A Universidade de Santiago nomea 13 novos profesores eméritos

O Consello de Goberno aprobou o nomeamento como profesores eméritos de Carlos Acuña Castroviejo, Alberto Arce Arce, Manuel Bermejo Patiño, María Isabel Cadavid Torres, José L. Carro Fernández-Valmayor, Franco Fernández González, José María Fraga Bermúdez, José A. Gómez Segade, Luis Iglesias Feijóo, Lourdes Montero Mesa, Manuel Núñez Rodríguez, Carlos Pajares Vales e Félix Vidal Costa.

Segundo a normativa da USC neste eido, poderá ser emérito/a o profesorado doutor que teña destacado polos seus méritos docentes e investigadores, cunha idade entre 65 e 75 anos, que prestara servizo activo na universidade pública durante un mínimo de 30 anos (20 ou máis destes na USC) e  ter recoñecido como mínimo un número de tramos de investigación avaliados positivamente que o sitúe no cuartil superior da súa área de coñecemento. O profesorado nestas condicións poderá colaborar na dirección de tarefas de investigación, na docencia de posgrao ata un máximo de 90 horas lectivas e formar parte dos tribunais de tese e das comisións de avaliación dos traballos fin e grao, sen que derive retribución ningunha nin dereito a indemnización e rematará inexcusablemente na data de cumprimento dos 75 anos.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.