Sábado 20 Abril 2024

A Universidade de Santiago formalizou 45 patentes propias no último ano

A USC constitúe un ecosistema emprendedor e cada vez son máis as iniciativas empresariais saídas ou xurdidas nas aulas universitarias, segundo manifestou a decana da Facultade de ADE, Begoña Barreiro, na xornada ‘A USC, unha experiencia emprendedora. Iniciativas empresariais saídas das aulas’, unha sesión informativa e de divulgación que busca espertar as inquedanzas e o espírito emprendedor do estudantado.
Ramón Mazoy, da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC no campus de Lugo referiuse ao último informe da AVTE relativo a 2014 como termómetro acaído para medir o grao de emprendemento rexistrado na USC. Daquela, Mazoy lembrou na súa exposición que durante o pasado exercicio naceron ao abrigo da USC cinco spin-offs. Neste mesmo periodo, a USC tamén formalizou 45 solicitudes de patentes e tramitou 37 procesos e acordos para a transferencia de tecnoloxía.
Ademais da visión do emprendemento universitario no eido da USC achegada por Ramón Mazoy, os estudantes que participaron na xornada ‘A USC, unha experiencia emprendedora. Iniciativas empresariais saídas das aulas’, tamén tiveron a oportunidade de coñecer as experiencias doutros emprendedores universitarios que crearon empresas logo do seu paso polas aulas, sí como do responsable do viveiro de empresas da Fundación CEL, Rodolfo Ojea, quen disertou sobre o funcionamento, dos servizos e da actividade cotiá que se desenvolve nas súas instalacións.
Os testemuños de José Sánchez del Valle, xerente e socio fundador de Champion Chip Norte, e de Marta Pérez, co fundadora de Bico de Grao, unha nova empresa que vén de abrir na capital luguesa, completaron a relación de relatores que tomaron parte neste foro sobre emprendemento universitario celebrado na Facultade de ADE.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Start-ups con ADN galego triunfan grazas á súa aposta pola ciencia e innovación

Indestia, Innogando, Neutron Insights, Diversa e Psico VR convértense en pouco tempo en referentes do emprendemento na comunidade 

PhotoIlike, a intelixencia artificial que axuda a vender

A spin-off nacida na Universidade da Coruña consegue importantes clientes con só un ano de vida

María José Alonso recolle o Premio Nacional de Investigación 2021

A catedrática da USC, galardoada co Juan de la Cierva de Transferencia, reclama aos investigadores que teñan sempre presente a repercusión social do seu traballo

Dificultan as patentes o acceso aos medicamentos? Novo encontro das Regueifas de Ciencia

Vicente Ortún, Félix Lobo, Xosé María Torres e Vanessa López debaterán o vindeiro xoves 23 sobre un asunto de actualidade por mor das vacinas da Covid-19