A Universidade de Santiago estudará métodos para detectar novos contaminantes no medio mariño

A Universidade de Santiago estudará métodos para detectar novos contaminantes no medio mariño

Mañá bota a andar o proxecto Novas metodoloxías para avaliar o impacto de contaminantes emerxentes nos ecosistemas mariños e os consumidores (EMERCONFO), que trata de investigar a presenza de novos contaminantes no medio mariño e desenvolver métodos analíticos para detectalos. A investigación está financiada cun total de 439.230 Euros polo Programa Estatal de Fomento da I+D+i . Os seus investigadores reúnense dende mañá no Instituto de Investigación e Análise Alimentario (IIAA) da Universidade de Santiago.

O proxecto estudará a presenzas de contaminantes tanto no eido medioambiental como no posible risco que poidan ter para a saúde dos consumidores de pescados e moluscos.  O equipo investigador centrarase no desenvolvemento de métodos analíticos que permitan cubrir una amplo abano de contaminantes que doutra maneira poderían pasar inadvertidos. Posteriormente estes métodos aplicaranse a mostras de diferentes rías de Galicia e do País Vasco.

Máis información no seguinte enlace

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.