Programa_Mulleres_na_ciencia

A Universidade de Santiago celebra a xornada de ‘Mulleres na Ciencia’

A vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolorez Álvarez Pérez, presidirá este martes 15 a inauguración das xornadas ‘Mulleres na ciencia’, nun acto ás 10.00 horas no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE). No acto inaugural intervirán ademais a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella; a vicerreitor de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes Rey; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois González; e o director da ETSE, Antonio Mosquera González.

Santiago abre tamén a exposición ‘Investigadoras na Luz’

Logo desta sesión inaugural, a xornada comezará coa conferencia ‘Perspectiva de xénero en Horizonte 2020’ a cargo da presidenta da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT), Capitolina Díaz, e continuará coa mesa redonda ‘ Científicas e tecnólogas: teitos de cristal e capas de invisibilidade’ na que participarán as profesoras-investigadoras Nieves Rodríguez Brisaboa, do Departamento de Computación da Universidade da Coruña (UDC); Mª Pilar Jiménez Aleixandre, de Didáctica das Ciencias Experimentais da USC; Coral del Río Otero, de Economía Aplicada da Universidade de Vigo; e Ana Jesús López Díaz, de Enxeñaría Industrial da UDC, como moderadora. Ao remate celebrarase a asemblea constituínte de AMIT-Galicia.

En paralelo coa celebración desta xornada, abrirá as súas portas en Compostela a exposición Investigadoras na Luz e nas Tecnoloxías da Luz, que estará instalada na ETSE ata o 22 de decembro. A mostra entronca con dous dos obxectivos da declaración do ano 2015 como Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz, como son “ promocionar o empoderamento da muller na ciencia” ao tempo que “ fomentar vocacións científicas no ámbito da luz e das súas aplicacións”.

A exposición busca destacar aquelas investigadoras que contribuíron significativamente ao desenvolvemento do campo científico da luz e, deste xeito, “crear referentes para as futuras xeracións e, sobre todo, para as novas estudantes”.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.