A Universidade da Coruña organiza unha xornada de programación e robótica para nenos

A Universidade da Coruña organiza unha xornada de programación e robótica para nenos

A Facultade de Informática da Universidade da Coruña organiza o vindeiro día 15 de outubro unha xornada orientada a explicar a parte máis lúdica e educativa da informática como é a programación e a robótica, dirixida a nenos e nenas e a todas aquelas persoas que se inicien nestes campos.

Os actos comezarán a partir das 17:00 horas. Amosaranse algúns robots, tanto módulos de Lego MindStorms de iniciación como outros elementos máis avanzados, como os robots NAO como pode verse neste vídeo feito pola Facultade. Ademais, Pablo Espeso impartirá unha charla na que explicará as técnicas que se poden usar neste mundo, desde Scratch a Arduino pasando por Codeacademy ou Codecombat.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.