Edificio da Facultade de Humanidades de Ferrol.

Edificio da Facultade de Humanidades de Ferrol.

A UDC organiza en Ferrol as xornadas sobre o papel da linguaxe na ciencia

O Campus de Ferrol acollerá os vindeiros días 9 e 10 de marzo as XXII Xornadas de Filosofía e Metodoloxía actual da Ciencia, que nesta edición levan como título “Xornadas sobre Linguaxe e investigación científica: Papel da linguaxe na Ciencia Básica e a Ciencia Aplicada”. Estas xornadas están coordinadas polo catedrático da Universidade da Coruña Wenceslao J. González, do departamento de Humanidades, co apoio da Sociedade de Lóxica, Metodoloxía e Filosofía da Ciencia en España e a Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social.

O relator principal é Jeffrey Barret, da Universidade de California en Irvine, editor de Philosophy of Science, a revista oficial da Sociedade Americana de Filosofía da Ciencia, que presentará dous relatorios. Licenciado en Física, fixo a tese de doutoramento en Filosofía (Columbia University). Outros relatores convidados son Ladislav Kvasz (Universidade Carolingia de Praga), Anastasios Brenner (Universidade de Montpellier), Tarja Knuuttila (Universidade de Carolina del Sur) e Jesús Alcolea (Universidade de Valencia). Tamén haberá varias comunicacións, procedentes de varias universidades.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.