Xoves 25 Abril 2024

A realidade dos menores transexuais, nunha nova NerdNite en Compostela

A próxima sesión da NerdNirte, este xoves 12 no Café Casino a partir das 22.00 horas, comezará da man de Cristina Palacios Castro, presidenta de Arelas, asociación de familias de menores Trans. A súa intervención ‘Trans-formando a sociedade’ achegará a súa experiencia neste eido, xa que é a nai da primeira nena trans de Galicia que logrou cambiar legalmente de nome.

Xunto ela, intervirán tamén Víctor Tilve Rúa, presidente do colectivo Calidade do Ceo Nocturno e doutorando do Departamento de Matemática Aplicada da USC, coa charla ‘Batman, o cabaleiro escuro?’ e Marcos Toribio Acebedo, coordinador xeral de Oral Group Centros Dentales, quen en alusión á profesión odontolóxica lanzará a pregunta ‘Un simple barbeiro sacamoas, ou algo máis?’

Publicidade

As NerdNites naceron hai anos en Estados Unidos, unha proposta orixinal á que se sumou Santiago en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo. Articúlase en base a pequenas charlas científicas con contidos chamativos, onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente