Venres 19 Abril 2024

A propiedade e a xestión do territorio será o eixe central dunha sesión formativa na USC

A propiedade da terra e a xestión territorial centrarán este xoves, a partir das 17.30 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, a temática dunha actividade formativa organizada ao abeiro do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio (Masterra).

O maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) Luis Villares Naveira abrirá a sesión cun relatorio que se desenvolverá baixo o título O territorio: de quen e para quen?. De seguido, o mesmo escenario acubillará unha mesa de debate sobre a relación entre a propiedade da terra en Galicia, as actuacións das administracións públicas e as dinámicas territoriais.

Publicidade

O foro está dirixido a todo o público interesado no devir do territorio e dos seus aproveitamentos

O director Xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, Miguel Ángel Pérez Dubois; a profesora da USC e director do Instituto de Estudos do Territorio, Ines Santé Riveira; o presidente da Rede Galega de Custodia do Territorio, Óscar Rivas López; o enxeñeiro de Montes  e presidente da Asociación Forestal de Galicia, Francisco Dans del Valle, e o enxeñeiro agrónomo e é director da área de cultivos e mecanización agraria da cooperativa Os Irmandiños, Santiago Sousa Lema, completan a nómina de relatores que tomarán parte neste debate.

Este foro de análise incluído no programa formativo do Masterrra está orientado á participación de estudantes, profesionais, responsables políticos e sindicais, asociacións e ONGs, ademais de a todo o público interesado no devir do territorio e dos seus aproveitamentos, na xestión dos recursos naturais e tamén na actuación da sociedade en aras de asegurar súa sustentabilidade. A entrada é libre e de balde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'