Sábado 20 Abril 2024

A profesora da USC Victoria Otero, presidenta da Conferencia de Decanos de Matemáticas

A decana da Facultade de Matemáticas da USC, M. Victoria Otero Espinar, acaba de ser elixida presidenta da Conferencia de Decanos de Matemáticas (CDM) no transcurso da Asemblea Xeral deste colectivo celebrada en Oviedo. A Comisión Permanente se completa con Margarita Arias López (Universidade de Granada) como secretaria, Jacinto Martín Jiménez (Universidade de Extremadura) como tesoureiro e Norberto Corral Blanco (Universidade de Oviedo) e Antonio Díaz-Cano Ocaña (Universidade Complutense de Madrid) como vocais.

A Conferencia de Decanos de Matemáticas é unha asociación sen ánimo de lucro na que participan universidades, departamentos e asociacións relacionadas coas Matemáticas. Os seus fins son incidir na constante mellora da calidade dos estudos de Matemáticas, mellorar as condicións de inserción laboral dos/as titulados/as deste ámbito, así como promover e mellorar a imaxe das matemáticas na sociedade, fomentar a actividade científica desta área e a súa interrelacións con distintos ámbitos de coñecemento e axentes diversos, entre outras actividades.

Publicidade

Otero Espinar investiga no grupo de Ecuacións diferenciais non lineares

M. Victoria Otero é coordinadora do Colexio de Decanos/as e Directores/as de centro da USC, da Xunta de Goberno da Real Sociedade Matemática Española así como do Consello de Goberno e do Consello Científico do Instituto de Matemática da USC. No eido investigador, é membro do grupo de investigación ‘Ecuacións diferenciais non lineares’ e traballa na análise funcional, os sistemas dinámicos e os problemas de contorno en ecuacións diferenciais ordinarias.

Ata o momento ten participado en máis de vinte proxectos de I+D financiados en convocatorias públicas e é autora de máis de trinta artigos científicos en revistas incluídas no JCR, nos que colabora, ademais de con investigadores da USC, con especialistas internacionais como Ravi Agarwal, do Florida Institute of Technology; Hyman Bass, da Columbia University; Paul Glendinning, da Universidade de Cambridge ou con Charles Tresser do centro de investigación de IBM.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O matemático Eduardo García Río ingresa na Academia de Ciencias 

O catedrático de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago incorpórase á sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s