Xoves 25 Abril 2024

A ministra de Fomento visita a Universidade de Vigo á busca de alta tecnoloxía ferroviaria

A ministra de Fomento visita a Universidade de Vigo en busca de alta tecnoloxía ferroviaria

Primeira visita da ministra Ana Pastor á Universidade de Vigo, na que a titular de Fomento mantivo un encontro de traballo co reitor Salustiano Mato e cunha representación do seu equipo de goberno, e na que tamén participaron o comisionado do Vigo Tecnolóxico, José Antonio Vilán e o representante do Centro Singular de Investigación, AtlantTIC, Carlos Mosquera. Tras asinar no Libro de Honra da Universidade, Pastor, que estivo acompañada na visita ao campus de Vigo polo director de Renfe, Pablo Vázquez, puido coñecer as capacidades da Agrupación Estratéxica Industria e Enerxía, Inex, e do Centro Singular de Investigación AtlantTIC en relación cos trens e as liñas de alta velocidade. José Antonio Vilán, comisionado do Vigo Tecnolóxico foi o encargado de presentar á ministra de Fomento as potencialidades da Agrupación Estratéxica Industria Enerxía, que reúne a case unha trintena de grupos de investigación, con máis de 200 investigadores e investigadoras, na súa maior parte enxeñeiros industriais, con liñas de traballo que se enmarcan en case todos os ámbitos da industria e a enerxía.
Pola súa banda, Carlos Mosquera trasladoulle a Ana Pastor as fortalezas do centro AtlantTIC, onde se dan cita 11 grupos de investigación, con 142 investigadores e investigadoras enxeñeiros de telecomunicación, que desenvolven as súas liñas de traballo nas tecnoloxías da información e das comunicacións.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo sistema galego predí recaídas en pacientes con cancro de colon e mama

O modelo é capaz de identificar automaticamente células tumorais circulantes en mostras de sangue

O investimento da Xunta en ciberseguridade acadará os 12 millóns de euros ata 2025

Arredor de 1.400 persoas participaron no Ciber.gal, o primeiro encontro galego para abordar as cuestións sobre ciberseguridade

A UVigo recibe o Premio Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

Os galardóns, que outorgan o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, tamén premiaron a Gradiant como Socio de Honra

Unha rede de boias entre Ribadeo e A Guarda mellorará a predición océano-meteorolóxica

O proxecto Infor-mar, impulsado por varios socios galegos, busca unha predición moito máis fiable da que actualmente se dispón