Venres 19 Abril 2024

A micoloxía centra este mes as actividades do Museo de Historia Natural da USC

O Museo de Historia Natural da USC organiza un completo programa de actividades para este mes de novembro centrado na micoloxía e dirixido a nenos, adultos e familias.

Logo do obradoiro de ilustración de animais con Fermín Solís deste sábado e para o que xa non hai prazas, está previsto unha saída micolóxica por Compostela para a tarde do 23 de novembro. O día seguinte, o licenciado en Bioloxía e investigador en formación da USC Martín Souto Souto impartirá a charla obradoiro ‘Biodiversidade micolóxica galega’.

Publicidade

O programa continuará o 26 de novembro co obradoiro infantil (de 6 a 12 anos) ‘Aprende de cogomelos no Museo de Historia Natural’ e rematará o domingo 27 con outra andaina micolóxica pola cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Estes son os 10 cogomelos máis raros que podes atopar en Galicia

Pola súa forma, ou polo seu tamaño, incluso os hai que brillan na escuridade. Recompilamos as especies máis peculiares dos montes galegos

O misterio do cogomelo único no mundo que se atopou en Vigo e non volveu aparecer

O micólogo afeccionado Jaime Diz atopou a 'Amanita porrinensis' no monte da Madroa a principios dos oitenta

Cal é a mellor época para coller cogomelos?

Un estudo da USC conclúe que os 'boletus' apañados entre outubro e decembro son recursos micolóxicos de primeira categoría

Chega a mellor época de cogomelos aos montes galegos: isto é o que debes saber

Unha introdución aos aspectos básicos a ter en conta nas primeiras saídas a apañar setas no monte durante o outono