161031lumes

A investigación e prevención dos lumes forestais, a debate no campus de Lugo

A investigación, xestión e prevención de lumes forestais en Galicia centrará este xoves 3 de novembro unha mesa de debate na Escola Politécnica Superior (EPS) do Campus Terra da USC. Esta sesión formativa e de divulgación está organizada polo grupo de investigación Unidade Xestión Forestal Sostible (UXFOR) e encádrase no programado Máster Universitario en Enxeñaría de Montes da USC.

A xornada sobre lumes forestais en Galicia é de entrada libre e de balde para todas as persoas interesadas pola temática e desenvolverase a partir ds 16.00 horas na sala de xuntas da EPS. Na sesión, en cuxa celebración tamén colaboran o Centro de Investigación Forestal de Lourizán e a Subdirección Xeral de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia, intervirán como relatores representantes destes departamentos.

Daquela, a sesión, que se antolla como un foro de debate e exposición de ideas para avanzar na investigación, xestión e prevención de lumes forestais en Galicia, contará coa participación de Xefe do Departamento de Protección Forestal do Centro de Investigación Forestal de Lourizán (Pontevedra), José Antonio Vega Hidalgo, así como do subdirector do Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais de Galicia, Miguel Cela González. Víctor Manuel García García, xefe da Unidade Técnica do Servizo Provincial de Defensa contra Incendios Lugo, completa a relación de relatores que intervirán neste foro.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.