Venres 29 Marzo 2024

A illa de San Simón reúne nun foro a investigadores en biomateriais

A illa de San Simón reúne nun foro a investigadores en biomateriais

Naceu coa vocación de fomentar a cooperación e a interdisciplinariedade que tanto se precisa no ámbito do desenvolvemento de materiais avanzados capaces de rexenerar tecidos danados e chega agora á súa segunda edición coa porta aberta aos novos investigadores. O II Foro da Rede Galega de Biomateriais celebrarase o vindeiro 9 de outubro na illa de San Simón, onde expertos de toda a Península Ibérica reuniranse para poñer en común os avances dos seus traballos e os retos aos que se enfrontan. Nesta ocasión, a organización porá en marcha un novo e orixinal formato de relatorios e presentacións rápidas que permitirá poñerse ao día nunha única xornada de 32 investigacións que se están a levar a cabo nas áreas do deseño, a produción, a caracterización e a aplicación dos biomateriais.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As cinzas dos lumes de 2017 poden causar alteracións no plancto costeiro da Vigo

O estudo realizado por investigadores do CIM da Universidade de Vigo centra a súa investigación na escorredura posterior ás queimas

Os bioplásticos e polímeros sintéticos teñen realmente capacidade de biodegradación?

O proxecto Polbio nace para determinar se este proceso pode ter algún efecto tóxico en ambientes terrestres e acuáticos

Un método estatístico permite detectar por primeira vez que liñaxes celulares evolucionan máis rápido

O estudo, no que colabora a Universidade de Vigo, axudaría a identificar mutacións con incidencia en enfermidades como o cancro

“O ingreso de mulleres nas carreiras de enxeñería está en declive”

Soledad Torres Guijarro, profesora na UVigo, investiga na actualidade a contaminación acústica nos ecosistemas submarinos e como reducila