As charlas terán lugar na sala de profesores da facultade ás 17 horas.

As charlas terán lugar na sala de profesores da facultade ás 17 horas.

A Facultade de Xeografía e Historia da USC celebra novas sesións do ciclo Arch-Bot

O Grupo de Estudios para a Prehistoria do Noroeste Ibérico-Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEPN-AAT), pertencente á Facultade de Xeografía e Historia da USC, celebrará nas vindeiras semanas novas sesións do ciclo de conferencias Arch-Bot, iniciado en setembro do pasado ano, que contan con especialistas nacionais e internacionais de recoñecido prestixio.

A primeira das sesións terá lugar o vindeiro 23 de febreiro, coa charla “A exploração de recursos biológicos e as grandes dinâmicas ambientais e humanas dos últimos 10.00 anos. Reflexões a partir dos dados do Nordeste de Portugal”, a cargo de João P. Tereso. As conferencias continuarán os días 9, 23 e 30 de marzo e o 6 e o 20 de abril. Todas terán lugar na sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia ás 17 horas. A programación completa pode consultarse na páxina de Facebook do GEPN.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.