Manuel Ramos, Juan José Pazos, Alberto Gil, Martín López, Susana Reboreda e Silvia González representarán á Facultade de Historia no proxecto.

Manuel Ramos, Juan José Pazos, Alberto Gil, Martín López, Susana Reboreda e Silvia González representarán á Facultade de Historia no proxecto.

A Facultade de Historia de Ourense participa no proxecto europeo Crosscult

A Facultade de Historia de Ourense representará á Universidade de Vigo no proxecto europeo Crosscult,dirixido a difundir a cultura e a historia de cada país da Unión Europea no resto dos estados membros a través das novas tecnoloxías da información. Un grupo de 11 socios de sete países uniron forzas para fomentar a reutilización de todos os contidos dixitais xa existentes e ordenalos a través de narrativas diversas.

“Todo responde ao mesmo: a capacidade de interconectar recursos, realidades, obxectos, vincular contextos…mesturar todo iso e terminar sacando narrativas de historia que, ou ben che conten algo ou che fagan entender as opinións doutros, ou che deixen un espazo aberto para a reflexión”, explica Martín López Nores, investigador principal do proxecto, membro do grupo de investigación en Servizos para a Sociedade da Información (GSSI) de AtlantTIC, que xunto ao Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio, GEAAT, da Facultade de Historia do campus de Ourense. Esta facultade colaborará coa Escola de Enxeñaría da Telecomunicación para elaborar un sistema a través de bases de datos e algoritmos que será quen de descubrir as relacións entre os recursos culturais.

O proxecto Crosscult acadou unha subvención de máis de 3,5 millóns de euros, que se investirán ata febreiro do 2019. Xunto á institución académica viguesa, a do Peloponeso e o LIST, que coordina o proxecto, participan en CrossCult, a National Gallery e a University College London de Reino Unido, o Centre Virtuel de la Connaissane sur l’Europe de Luxemburgo, o Centre National de la Recherche Scientifique de Francia, a Università Tà Malta, a Università degli Studi di Padova de Italia, o Tecnologiko Ekpaideftiko Idryma Athinas de Grecia e a empresa española GVAM Guías Interactivas S.L.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.