deploymentof

A Estación Espacial Internacional poñerá en órbita este xoves o satélite ‘Serpens’

A Estación Espacial Internacional confirmou este mércores que a inxección en órbita do Serpens –Space System for Conducting Research and Experiments with Nanosatelites-, o terceiro picosatélite con selo vigués, se producirá este xoves 17 de setembro na franxa horaria comprendida entre as 13.00 e 16.30 h, hora local viguesa, desde a propia Estación Espacial Internacional (ISS), a que chegou o pasado 24 de agosto tras ser lanzado ao espazo pola Axencia Espacial Xaponesa (JAXA) o día 19 a bordo do vehículo de abastacemento Kounotori-5 (HTV-5).

Deseñado pola Axencia Espacial Brasileira coa participación da Agrupación Estratéxica Aeroespacial da Universidade de Vigo, dirixida polo profesor Fernando Aguado, o satélite será despregado do módulo ‘Kibo’ do JSSOD (Japanese CubeSat Deployer) na órbita final polos propios astronautas e ata media hora despois non haberá imaxes do mesmo.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.