Venres 19 Abril 2024

A Estación de Ciencias de Toralla estrea canle de vídeo cunha peza sobre criopreservación de algas

A Estación das Ciencias Mariñas de Toralla, Ecimat, estreou esta semana a súa propia canle en YouTube cun vídeo de criopreservación de microalgas mariñas no que a investigadora moañesa Estefanía Paredes explica paso a paso en que consiste a criopreservación, unha ferramenta que se está aplicando exitosamente para a conservación de cultivos de microalgas mariñas.
Tal e como explican na propia páxina web da Ecimat e tamén no vídeo, a criopreservación permite o almacenamento de células ou tecidos por longos períodos de tempo a temperaturas crioxénicas (-196ºC), mantendo un estado de “animación suspendida” no que todas as actividades biolóxicas e reaccións metabólicas están en suspenso.
Máis información no seguinte enlace:
http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=10724&Itemid=2

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Un equipo da UVigo analiza en alta resolución o transporte de humidade no Atlántico norte

O grupo EphysLab investiga como se altera o ciclo hidrolóxico na rexión oceánica por procesos relacionados co cambio climático

As cinzas dos lumes de 2017 poden causar alteracións no plancto costeiro da Vigo

O estudo realizado por investigadores do CIM da Universidade de Vigo centra a súa investigación na escorredura posterior ás queimas

Os bioplásticos e polímeros sintéticos teñen realmente capacidade de biodegradación?

O proxecto Polbio nace para determinar se este proceso pode ter algún efecto tóxico en ambientes terrestres e acuáticos