160516courel

A Estación Científica do Courel organiza un curso sobre plantas medicinais

A Estación Científica do Courel da USC acollerá o vindeiro sábado 21 de maio a segunda edición do curso ‘Uso tradicional das plantas medicinais da Serra do Courel’, un programa formativo e de divulgación que será impartido pola licenciada en Farmacia María Moure Oteyza.

As persoas interesadas en participar nesta actividade, que se desenvolverá en quenda de mañá e tarde e inclúe unha saída ao campo, poderán formalizar a súa inscrición ata o mércores 18 de maio.

A inscrición pode realizarse en quenda de mañá nas instalacións da Estación Científica do Courel ou a través dos números de teléfono 648051928, 600942418 ou 982821901. Tamén é posible formalizar a matrícula a través dos enderezos de correo electrónico ro_rodriguezlopez@hotmail.comou antonio.rigueiro@usc.es.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.