A Ecimat celebra 10 anos de vocación mariña.

A Ecimat celebra 10 anos de vocación mariña.

A estación de Toralla celebra o seu 10º aniversario convertido nun centro nodal europeo

Aínda que abriu as súas portas en xuño de 2006, o xermolo da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, Ecimat, remóntase ao ano 1999, cando o entón vicerreitor de Investigació

“Celebramos 10 anos de vocación mariña”
n e hoxe reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, fixo súa a demanda dun grupo de investigadores e investigadoras que solicitaban dispor de instalacións científicas a pé de mar. O actual director da Ecimat, Jesús Souza Troncoso, foi o encargado este venres, no acto conmemorativo do décimo aniversario da estación, de lembrar as súas orixes e a súa evolución ata o momento presente, así como de fixar os retos de futuro aos que se enfronta o centro de investigación mariña. Pero máis aló dos recordos e do que está por chegar, o acto de celebración de, en palabras de Souza, “10 anos de vocación mariña”, estivo protagonizado pola sinatura por parte dos reitores das universidades de Vigo e do País Vasco do convenio para a constitución do nodo español do European Marine Biological Resource Centre, EMBRC, unha das 38 infraestruturas de investigación identificadas pola Comisión Europea como estratéxicas para Europa, que centra a súa actividade na biotecnoloxía azul, disciplina que se ocupa da exploración e explotación dos organismos mariños, co obxectivo de empregar estes e os seus derivados para a identificación, procesamento e desenvolvemento de novos ingredientes e orixe mariño.

Coa sinatura do convenio subscrito por Salustiano Mato e Iñaki Goirizelaia créase a estrutura que representa a España en EMBRC, integrada pola Ecimat e a Estación Marina de Plentzia da UPV/EHU e á que se suman centros de investigación mariña doutros nove países europeos. “Este nodo faranos máis visibles e apetecibles para os investigadores que queiran vir aquí e tamén para que o noso persoal investigador vaia a calquera lugar”, asegurou o reitor da Universidade de Vigo, que manifestou o seu convencemento en que “nos agarda un futuro prometedor”. Pola súa banda, o reitor da UPV/EHU destacou a importancia do convenio asinado hoxe “que establece un marco de traballo e abre grandes posibilidades en tres dimensións: a investigación, a docencia e transferencia”, dixo Goirizelaia.

Á sinatura do convenio seguiulle o descubrimento dunha placa que identifica á Ecimat como integrante como nodo español do EMBRC.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.