151218Concurso_de_Nadal

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural convoca un certame de relatos

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC organiza un concurso de relatos curtos ilustrados sobre minerais, con catro categorías: de 5 a 8 anos, de 9 a 13, de 14 a 17 e 18 ou máis anos. Os/as concursantes poderán elixir libremente calquera temática relacionada con algún mineral (usos, tipos, propiedades, lendas,…). Os relatos deberán presentarse nun folio A4 incluíndo texto e ilustracións e poderán entregarse en formato papel ou dixital. O texto deberá ser breve, en tipografía Times New Roman corpo 12 ou outra letra de tamaño similar. As ilustracións deberán ser orixinais (xa sexa debuxos ou fotografías).

Os traballos poderán presentarse entre o 21 de decembro e o 8 de xaneiro de 2016, tanto na recepción do Museo de Historia Natural da USC (parque de Vista Alegre, 15782 Santiago de Compostela) como por correo electrónico no enderezo museohn@usc.es, facendo constar no asunto o lema ‘I Concurso de Nadal AAMHN’.

Logo da súa proclamación na última semana de xaneiro de 2016, os/as premiados/as, un por categoría, recibirán como premio un tablet e un diploma acreditativo. A data e o formato do acto de entrega de premios comunicarase con oportuna antelación. Como apoio ao concurso, na actualidade está aberta ao público con entrada libre a exposición temporal ‘A colección mineralóxica Joaquín Pardo no Museo de Historia Natural da USC’, así como a exposición permanente da sala Xeodiversidade cunha variada mostra de minerais.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.