A arquitecta Isabel Aguirre gaña o premio ‘Wonenburger’ á muller en ciencia e tecnoloxía

A arquitecta Isabel Aguirre gaña o premio ‘Wonenburger’ á muller en ciencia e tecnoloxía

O Pleno da Unidade de Muller e Ciencia da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta concedeu o Premio ‘María Josefa Wonenburger’ 2015 á arquitecta Isabel Aguirre de Úrcola. A Xunta creou este premio no ano 2006 para resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía. Dende a súa creación, foron merecedoras deste recoñecemento mulleres que dedican a súa vida profesional a algún campo específico da ciencia ou da tecnoloxía.

A premiada deste ano, é a arquitecta Isabel Aguirre de Úrcola. Orixinaria de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), Aguirre é arquitecta pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, e directora da “Escola Galega da Paisaxe” da Fundación Juana de Vega dende a súa creación en 2008.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.