161031cimaxe

A Academia Galega de Ciencias convoca o certame fotográfico ‘A ciencia en imaxe’

A terceira edición do concurso de fotografía ‘A Ciencia en Imaxe‘, un certame promovido polas facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas, Química da USC e a Real Sociedade Galega de Ciencia (RAGC), e aberto á participación de todos os membros da comunidade universitaria da institución académica compostelá, mantén aberto o prazo de presentación de candidaturas ata o vindeiro 7 de novembro.

As persoas interesadas en tomar parte neste concurso de fotografía, organizado co gallo da celebración da festividades de San Alberte Magno, unha efeméride que se celebra o 14 de novembro e que repartirá 500 euros en premios entre as tres fotografías mellor valoradas por parte dos membros do xurado, deberán remitir as súas respectivas propostas fotográficas ao enderezo electrónicofcdeca@usc.es.

O Concurso está aberto á presentación de calquera fotografía cuxa temática estea relacionada coas ciencias, a investigación e a divulgación científica. Os candidatos/as participantes poderán presentar un máximo de tres imaxes, dixitalizadas e realizadas con calquera equipo, profesional ou afeccionado, incluído o teléfono móbil.  A fotografía presentada a concurso debe ser orixinal e inédita.

As fotografías, que deben ir acompañadas dun título, no que o autor tamén pode incluír un breve comentario ou reflexión, teñen que estar en formato JPG e ter un tamaño mínimo de 2MB. As persoas participantes deberían indicar á hora de formalizar a súa participación no concurso o seu nome e apelidos, DNI, relación coa USC e enderezo electrónico e teléfono.

A entrega de premios do III Certame de Fotografía ‘A Ciencia en Imaxe‘, cuxas bases están accesibles en liña, desenvolverase o 14 de novembro, no salón de actos da Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC, no marco da celebración do acto académico conmemorativo da festividade de San Alberte Magno. Os autores das propostas galardoadas e que serán notificados con antelación, deberán asistir ao acto

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.