Venres 29 Marzo 2024

80 matemáticos europeos reúnense en Vigo coa Rede Española de Sistemas Dinámicos

O campus de Vigo acolle esta semana, e por primeira vez en Galicia, a Escola de Inverno da rede española de Sistemas Dinámicos (DANCE). Dende hoxe luns e ata o xoves, 80 matemáticas e matemáticos europeos, principalmente de España, participan neste evento que consta de tres cursos de nove horas de duración cada un, impartidos por tres profesores de “renome internacional”, como destaca Eduardo Liz, profesor do Departamento de Matemática Aplicada II da Universidade de Vigo e coordinador desta escola xunto co tamén docente Ignacio Bajo.

O matemático Mark Levi

“É a primeira vez que este evento se celebra en Galicia, tras visitar 13 sedes ao longo da xeografía española dende 2004”, explica Liz. Xunto cos expertos e expertas das universidades de Vigo, Santiago de Compostela, Politècnica de Catalunya, Barcelona, Sevilla, UNED, Autònoma de Barcelona, Oviedo, Valladolid, Granada e Illes Balears, participan neste evento investigadores e investigadoras da Norwegian University of Science and Technology, (Noruega), University of Zagreb (Croacia), Hasselt University (Bélxica) e a University of Bremen (Alemaña).

Publicidade

As e os 80 asistentes a esta escola de inverno teñen a oportunidade de asistir a tres cursos impartidos por outros tantos expertos intenacionais. O encargado de abrir a xornada de hoxe, tras a benvida por parte dos profesores Eduardo Liz e Santiago Ibáñez, da Universidade de Oviedo e do subdirector da ETSE de Minas, Higinio González, foi o profesor Mark Levi, catedrático de Penn State University. Segundo destaca Liz, “é famoso por ser o autor dun dos libros máis lidos do ámbito académico en 2009 The Mathematical Mechanic: Using Physical Reasoning to Solve Problems. Outro dos docentes é Daniel Peralta, “sen dúbida, un dos matemáticos españois máis relevantes, investigador do ICMAT en Madrid e gañador dunha ERC Starting Grant en 2013”. Lembra Liz que, ademais de ter sido conferenciante plenario no Congreso Europeo de Matemáticas en 2016, conseguiu recentemente probar unha conxectura centenaria de Lord Kelvin sobre fluídos. Finalmente, o terceiro dos docentes é o profesor Tibor Krisztin, membro da Academia Húngara de Ciencias e “un dos maiores expertos mundiais no ámbito das ecuacións diferenciais con retardo, que foi recentemente galardoado coa Tibor Szele Memorial Medal, outorgada pola Sociedade Matemática Húngara”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As cinzas dos lumes de 2017 poden causar alteracións no plancto costeiro da Vigo

O estudo realizado por investigadores do CIM da Universidade de Vigo centra a súa investigación na escorredura posterior ás queimas

O matemático Eduardo García Río ingresa na Academia de Ciencias 

O catedrático de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago incorpórase á sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación

Os bioplásticos e polímeros sintéticos teñen realmente capacidade de biodegradación?

O proxecto Polbio nace para determinar se este proceso pode ter algún efecto tóxico en ambientes terrestres e acuáticos

Un método estatístico permite detectar por primeira vez que liñaxes celulares evolucionan máis rápido

O estudo, no que colabora a Universidade de Vigo, axudaría a identificar mutacións con incidencia en enfermidades como o cancro