Xoves 18 Abril 2024

60.000 euros para revitalizar a Cátedra Fenosa

Co obxectivo de promocionar as actividades de formación, investigación, innovación e divulgación nas áreas da enerxía, o medioambiente e o desenvolvemento sostible, nacía no ano 2011 a Cátedra Fenosa. Ao seu abeiro, durante este anos, a Universidade de Vigo e Gas Natural Fenosa teñen colaborado no desenvolvemento de traballos de investigación, realización de eventos públicos e apoio ao Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible, actividades que a partir de hoxe recibirán un novo pulo coa achega de 60.000 euros que Gas Natural Fenosa vén de confirmar e que se materializou coa sinatura dun convenio entre o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato e delegado xeral de Gas Natural Fenosa en Galicia, Manuel Fernández.

Despois de asinar o convenio, que ten unha duración dun ano, Mato destacou a importancia de “revitalizar esta colaboración entre a nosa institución e Gas Natural Fenosa, aumentando o seu impulso e a súa ambición no entorno da economía do medio ambiente e o desenvolvemento sostible. Hai unha colaboración moi estreita dentro da cátedra con grupos de investigación, coordinados por Xavier Labandeira, no campo da economía, e por Juan Antonio Añel, no campo das ciencias experimentais”, asegurou o reitor, que manifestou a súa satisfacción por relanzar esta alianza estratéxica coa compañía. Pola súa banda, o delegado xeral de Gas Natural Fenosa destacou a renovación dun convenio que asegurou “forma parte dunha estratexia importante que nós chamamos compromiso con Galicia e quere buscar, que máis aló dos negocios que desenvolve a compañía, teña achegas á sociedade galega en temas que vimos desenvolvendo desde hai anos como a cultura, a arte, a formación e o medio ambiente”, explicou Manuel Fernández, que tamén sinalou a innovación como un dos eixos importantes de traballo da compañía.

Publicidade

Unha relación con numerosos froitos

Ademais da colaboración conxunta que a Universidade de Vigo e Gas Natural Fenosa desenvolven a través da Cátedra, o delegado da compañía en Galicia lembrou a súa participación no centro tecnolóxico Energylab e reiterou o interese da empresa nas enerxía renovables, en especial o gas renovable e a mobilidade sostible nos ámbitos terrestre e marítimo. Así mesmo, en Citexvi, a través do Centro Internacional de Excelencia Hidráulica, o delegado da compañía confirmou a colaboración coa Universidade no desenvolvemento de proxectos de innovación no ámbito hidráulico “aplicados a problemas concretos que temos nós, pero coa idea que esa aprendizaxe se poda trasladar a quen o precise en Galicia”, explicou Fernández, que apuntou ás redes intelixentes como outra das áreas de traballo prioritarias para Gas Natural Fenosa.

Pola súa banda, o docente e investigador Juan Antonio Añel agradeceu a implicación da compañía co Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible, que asegurou que acada porcentaxes do 100% de empregabilidade entre o seu alumnado, unha cuestión que o reitor considera o máis importante, “xa que xerar emprego e acceso dos nosos egresados ao mercado laboral é construír futuro para o país”.

A análise preditiva en función de condicións climatolóxicas e meteorolóxicas para a optimización dos recursos hidráulicos na xeración de enerxía eléctrica é un dos últimos traballos froito da colaboración entre a institución académica e a compañía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival CinVigo volve esta fin de semana á Porta do Sol con ciencia e diversión

A programación do CINBIO inclúe unha feira científica, obradoiros infantís, unha xincana, maxia e espectáculos

Un proxecto da UVigo sérvese da IA para mellorar a detección de cancro colorrectal

A rede AI4PolypNet está formada por oito grupos de investigación de Galicia, Estremadura, País Vasco e Cataluña

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Un equipo da UVigo analiza en alta resolución o transporte de humidade no Atlántico norte

O grupo EphysLab investiga como se altera o ciclo hidrolóxico na rexión oceánica por procesos relacionados co cambio climático