Varias salas de estudo ampliarán o seu horario no período de exames.

Varias salas de estudo ampliarán o seu horario no período de exames.

A biblioteca Concepción Arenal da USC abrirá as 24 horas ata o 26 de xaneiro

Ata o 26 de xaneiro a Biblioteca Concepción Arenal abrirá as súas portas 24 horas ao día, de luns a domingo, conforme aos horarios extraordinarios que a USC desenvolve dende comezos do pasado mes de decembro. Ata esa mesma data, no Campus de Lugo a Biblioteca Intercentros tamén abrirá en horario extraordinario, ata as 3.00 horas.

De xeito paralelo e como reforzo para o período de cualificacións que se estenderá entre os días 12 e 26 de xaneiro, nas próximas fins de semana dos días 14 e 15 e do 21 e 22 de xaneiro, as salas de estudo da Biblioteca Xeral e da Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais así como a Sala de lectura da Facultade de Dereito abrirán de 10.00 a 22.00 horas, conforme o acordado coas asociacións estudantís.

Todas as persoas interesadas poden tamén consultar na sección ‘Horarios’ os relativos a cada centro xa que ao longo destes días cada un deles irá actualizando a información propia sobre ampliación de horario ou calquera variación na apertura e o peche.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.