Profesionais farmacéuticos debaten en Santiago sobre os avances tecnolóxicos no sector
Máis de 80 docentes, investigadores e profesionais da industria procedentes de distintos países europeos e iberoamericanos daranse cita este xoves 5 e o venres na Facultade de Farmacia para asistir ao IX Foro Internacional sobre Avances en Tecnoloxía Farmacéutica-CISDEM que organiza o grupo IDFarma da Universidade de Santiago.
A inauguración, que preside a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes, terá lugar ás 9.45 horas na Aula Magna do centro e no transcurso do acto presentarase o libro Biomateriais aplicados ao deseño de sistemas terapéuticos avanzados, como parte das actividades recentemente finalizadas da rede CYTED Rimadel coordinada por Alejandro Sosnik desde a Universidade de Bos Aires e por Carmen Alvarez Lorenzo da USC. Xusto a continuación da apertura o profesor Ángel Carracedo pronunciará unha conferencia sobre farmacoxenómica e medicina individualizada.
Máis información no seguinte enlace:
ar