Sábado 20 Abril 2024

200 profesionais de nove países participan na Coruña no Congreso do Deporte Escolar

A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña acolle entre os días 3 e 5 de novembro, o VI Congreso Mundial do Deporte Escolar, Educación Física e Psicomotricidade, no que participan douscentos profesionais procedentes de Portugal, México, Venezuela, Brasil, Arxelia, República Dominicana, Perú e Italia, ademais de España, e no que se presentarán preto de cen traballos científicos.

A conferencia de apertura, que terá lugar logo da inauguración oficial ás 10:00 horas no salón de actos, será impartida polo catedrático da Universidade de Castilla La Mancha Onofre Contreras, recentemente galardoado polo Consello Superior de Deportes coa medalla ao Mérito Deportivo. A súa conferencia versará sobre “A aprendizaxe dos valores a través do deporte. Ideoloxía e realidade”.

Publicidade

Este congreso está dirixido polo profesor da Facultade Víctor Arufe coa colaboración do Departamento de Didácticas Específicas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de accesible é a rúa na que vives? Compróbao neste mapa

A aplicación 'City Access Map' permite comprobar que servizos están a menos de 15 minutos camiñando nas cidades e areas metropolitanas de Vigo e A Coruña

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un equipo da UDC patenta un sistema pioneiro que mide a postura vertebral en tempo real

Investigadores do CITENI crean unha tecnoloxía non invasiva e de baixo custo para mellorar o diagnóstico e tratamento das doenzas da columna

Un traballo da UDC sobre investigación básica en epilepsia gaña o Epiforward 2024

O equipo conseguiu reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro