50 proxectos de emprendemento participan nas primeiras sesións do Galicia Open Future

50 proxectos de emprendemento participan nas primeiras sesións do Galicia Open Future

As primeiras sesións de adestramento individual da II edición de Galicia Open Future comezaron esta semana coa participación de 50 proxectos de emprendemento concibidos en Galicia e no norte de Portugal. Sectores diversos -madereiro, sanitario, agrario, entre outros- e ideas en distintas fases de maduración danse cita no gran centro do emprendemento galego, organizado por Telefónica coa colaboración da Xunta de Galicia.

Nesta etapa, os participantes abordarán o plan de negocio dos seus proxectos na sede de Galicia Open Future, ubicada na Cidade da Cultura de Santiago, ademáis de recibir formación especializada en financiamento, marketing ou e-commerce mediante obradoiros prácticos. Unha vez completada esta primeira fase, dun xurado de expertos escollerá aos tres mellores en función de criterios como a súa aportación a sectores estratéxicos de Galicia, innovación, o compoñente multidisciplinar ou o seu grao de maduración.

Máis información do seguinte enlace:

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.