Propulsión dun polbo

Un polbo, no momento xusto antes de propulsarse / Jorge Hernández Urcera. InvestigArte.

A propulsión do polbo

Jorge Hernández Urcera, do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC), captou a un cefalópodo no momento xusto antes da súa propulsión

O  Grupo de Ecoloxía e Bioiversidade Mariña do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) está a levar a cabo un proxecto no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia que ten por obxectivo determinar as zonas de preferencia para a reprodución de polbo, co fin de intentar crear Áreas Mariñas Protexidas. Para iso realizáronse ata o momento 94 censos visuais con equipo de mergullo autónomo no perímetro das illas Cíes, a profundidades comprendidas entre 5 e 35 metros.

Nesta fotografía do investigador Jorge Hernández Urcera aparece un exemplar adulto de polbo que se desprazaba por unha zona catalogada como preferencial para a reprodución, a uns 25 metros de profundidade. A fotografía está tomada xusto antes da propulsión. Como a maioría de cefalópodos, o polbo nada por propulsión a chorro, expulsando auga a presión dende a súa cavidade paleal. A auga entra nela polo bordo do manto, e apertándose este con forza arredor da cabeza, xunto coa existencia dunhas estruturas cartilaxinosas ou botóns de peche, fan que a auga se vexa forzada a saír a través do funiltubular ventral. Este funil é moi móbil, de forma que dirixíndoo cara á parte anterior ou posterior, o animal pode moverse en ambas as dúas direccións. De todos os xeitos, cando vai avanzando lentamente polo fondo, utiliza os seus brazos suxeitándose ás rochas coas ventosas.

Para ver as fotos, en INVESTIGARTE

Noraboa a Jorge Hernández Urcera pola súa foto e a todos os que convocan InvestigArte: Fundación Barrié, Campus Vida da USC, Universidade de Santiago, IDIS e Fundación Ramón Domínguez.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.