Gráfico dos nomes galegos elaborado polo Instituto da Lingua e baseado no gráfico de Ami Sedghi para The Guardian.

Gráfico dos nomes galegos elaborado polo Instituto da Lingua e baseado no gráfico de Ami Sedghi para The Guardian.

Noa e Hugo son os nomes máis comúns en Galicia na última década

O Instituto de Lingua Galega da Universidade de Santiago crea unha web co ránking de nomes e a súa orixe

O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago ofrece unha web interactiva co ránking e evolución dos nomes máis populares para nenos e nenas nacidos en Galicia entre 2000 e 2013 elaborada a partir de datos do padrón sobre estatística de nacementos. Ademais, inclúese algunha información as súas orixes etimolóxicas e o seu significado.

Os nomes de nenas que máis aumentaron a súa frecuencia foron Noa, Daniela e Carla, sendo Noa o nome máis frecuente en 2012 e 2013. Os nomes masculinos que se fixeron máis populares na última década foron Hugo (figura en primeiro lugar desde o 2008), Mateo e Nicolás. Tanto Noa como Hugo comezaron a ser máis frecuentes a partir da década de 1980 e especialmente a partir de 2000.

Os datos recollidos nesta ferramenta foron tirados da información que proporciona o Instituto Nacional de Estatística, e completados coa achega do Instituto Galego de Estatística. Os investigadores destacan que nomes tradicionais desde hai moitos anos como Manuel e María continúan a figurar na lista dos máis habituais. Entre os dez máis comúns aparecen tamén formas propias galegas como Brais, Antía ou Uxía, que nos últimos tempos se foron facendo máis habituais.

Esta información complementarase nos próximos meses cunha nova aplicación que permitirá coñecer a evolución dos nomes propios de persoa en Galicia nos últimos cen anos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.