lura de potera

Unha lura de potera captura unha dourada / Miguel Cabanellas Reboredo. InvestigArte

Lura de potera: “Depredador letal”

O investigador Miguel Cabanellas Reboredo, do Instituto Mediterráneo de Estudios Avanzados, retrata o preciso momento no que unha lura captura unha dourada

Cunha refinada e tenaz táctica depredadora, a lura de potera (Loligovulgaris) capturou unha dourada (Sparus aurata) lanzando os seus tentáculos e aplicándolle unha dentada letal na columna. A imaxe foi captada polo investigador Miguel Cabanellas Reboredo, do Departmento de Recursos Naturales, Grupo de Ecología de Peces, do Instituto Mediterráneo de Estudios Avanzados (IMEDEA). E mostra o preciso momento en que a lura mantén a súa presa entre os seus brazos mentres, coidadosamente, vai despezándoa co seu pico.

Para ver as fotos, en INVESTIGARTE

Noraboa a Miguel Cabanellas Reboredo pola súa foto e a todos os que convocan InvestigArte: Fundación Barrié, Campus Vida da USC, Universidade de Santiago, IDIS e Fundación Ramón Domínguez.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.