Anuncio publicado por Turismo de Galicia en varios xornais.

Anuncio publicado por Turismo de Galicia en varios xornais.

A Xunta retira o anuncio que usaba Monte Neme como reclamo turístico

Turismo de Galicia recoñece o "lamentable erro" e di que "fallaron os filtros" á hora de escoller a imaxe das balsas de residuos

A axencia de Turismo de Galicia, dependente da Xunta, confirmou a retirada da fotografía na que se empregaba a antiga mina e canteira de Monte Neme, entre Carballo e Malpica, como reclamo turístico para visitar Galicia. Esta explotación, na que se produciu en febreiro de 2014 unha rotura dunha balsa de residuos, segue pendente dun plan de rexeneración que a propia Xunta se comprometeu a impulsar.

Desde Turismo recoñecen o “lamentable erro” da utilización de Monte Neme na campaña “Dáme Galicia”. Explican que as imaxes e vídeos escollidas nesta promoción turística son seleccionadas directamente pola axencia de publicidade encargada da campaña. Entre elas, figuraba a controvertida fotografía de Monte Neme. “En canto nos demos conta do erro, retiramos a imaxe de todos os soportes”. Confirman que “fallaron os filtros“.

A campaña “Dáme Galicia” baséase na recolección de experienciais reais de xente que pasou as súas vacacións en Galicia. Por isto, desde Turismo remarcan que non foi a Xunta a que realizou as imaxes e vídeos, senón que foron solicitadas aos propios turistas, despois de seren publicadas nas redes, por medio da axencia encargada da publicidade.

Información relacionada (9-10-17)

A Xunta usa como reclamo turístico unha mina sen rexenerar

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.