O lobo, con 'o' pechado.

O lobo, con 'o' pechado.

Santa Comba acolle as xornadas nacionais sobre o lobo

Conservacionistas, cazadores e investigadores participan na segunda edición desta iniciativa

O Concello de Santa Comba celebra esta fin de semana a segunda edición das Xornadas Nacionais do Lobo. O Edificio Multiusos da capital do Xallas acollerá durante  sábado e o domingo numerosas sesións informativas sobre o canis lupus. Destaca, entre outros poñentes, a presenza de Odile Rodríguez de la Fuente, filla do finado naturalista, e de Marcos Rodríguez Pantoja, o “neno lobo” de Sierra Morena, que viviu durante anos acollido por unha manada.

Haberá aportacións de numerosas administracións, colectivos conservacionistas, gandeiros e investigadores, co obxectivo de ofrecer unha visión ampla da situación do lobo en Galicia e no resto da península Ibérica.

Falarán, desde diversos puntos de vista, conservacionistas, cazadores e investigadores

O sábado, tras a inauguracións das xornadas, falará a partir das 11 horas Odile Rodríguez de la Fuente. Posteriormente intervirán representantes das administracións públicas e do Seprona, que expoñerán datos sobre as cifras da poboación de lobos, as axudas polos danos que causan, os procedementos administrativos e os traballos de conservación que se levan a cabo.

Tras unha breve pausa, falará Xabier Fernández, xerente do “Pazo de Caldaloba“, en Lugo, cunha ponencia sobre a experiencia propia na disuasión do lobo no entorno das ganaderías. Despois será a quenda de Antonio Campesino, director técnico de Zamora Natural, un proxecto que aposta pola observación do lobo na Serra da Culebra como un xeito de turismo medioambiental.

Despois da pausa para o xantar, a partir das 16.30 falará Felipe Requena, xeógrafo e presidente a entidade conservacionista Acción Lobo. Sucéderao Carlos Sanz, biólogo do Centro do Lobo Ibérico de Castela e León, que contará a experiencia da cría en catividade do cánido.

Pecharán a sesión do sábado Juan Carlos Gil, biólogo e autor de diversos estudos sobre a historia da relación entre o home e o lobo, e Marcos Rodríguez Pantoja, o home que conviviu durante anos con lobos durante a súa infancia.

Para o domingo quedan as charlas de Javier de los Nietos, alcalde do municipio de El Boalo-Cerceda-Mataelpino (Madrid), onde se levou a cabo unha iniciativa pioneira para minimizar as perdas dos gandeiros. Intervirá a continuación Juan Delibes, do canal de televisión Caza e Pesca, falando das posibilidades da caza como motor do mundo rural. A mediodía haberá unha mesa redonda organizada pola facultade de Veterinaria da USC que xirará arredor da convivencia entre o ser humano e o lobo. Despois, antes das conclusións, o veterinario e naturalista Francisco Javier Lema analizará o tema da hibridación entre can e lobo na Costa da Morte.

Pecharán as xornadas o naturalista Álex Lachnein e Manuel Calvo, director técnico da actividade.

 

 

 

2 respostas a “Santa Comba acolle as xornadas nacionais sobre o lobo”

  1. Wayne bonny

    I would like to meet someone to discuss what help I can bring for the wolf…..I have bought some land with this purpose in mind….the land is close to A pontenova, Lugo……..its high in the mountains……just reading thru the article…..I seem to have missed something here……..was it last weekend …or is it this one coming????…….anyway I need to talk to someone who is expert in this…….sorry my Spanish is to poor to write this…….please contact me …I have transport and can travel…….Wayne bonny………674923032

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.