Martes 19 Marzo 2024

O xenoma do carballo revela o segredo da súa lonxevidade

Algunhas das árbores que viven hoxe na Terra son máis antigas que as pirámides exipcias e foron testemuñas dos últimos 5.000 anos de historia humana. Agora, un equipo de científicos secuenciou o xenoma do carballo, que se expande por tres continentes, para comprender que se esconde detrás da súa longa vida.

O estudo demostra que o sistema inmunitario desempeña un papel vital para asegurar a súa supervivencia centenaria. O século XVII presenciou o nacemento de Isaac Newton, uns dos científicos máis relevantes da historia, autor da lei da gravitación universal. Á sombra deste físico e matemático inglés viron a luz uns carballos que seguen vivos hoxe, 350 anos máis tarde. Pero non son un caso único.

Publicidade

En 1965, un estudo publicado na revista Ecology polo xeólogo Donald Currey permitiu dar coa árbore máis vella do mundo naquel tempo: un piñeiro de Colorado (Pinus aristata) de 4.844 anos na montañas de Nevada en EE UU. A árbore, alcumada Prometeo, foi cortada por erro. Desde entón, aumentaron as medidas de protección e o ranquin de árbores lonxevas ampliouse.

Estes carballos foron prantados no tempo do rei Louis XIV de Francia, hai máis de tres séculos.
Estes carballos foron prantados no tempo do rei Louis XIV de Francia, hai máis de tres séculos.

A Prometeo séguenlle agora dous exemplares de Pinus longaeva que ocupan os dous primeiros postos, un denominado Matusalén de 4.845 anos de antigüidade e outro de nome descoñecido duns 5.062 anos, das Montañas Brancas de California.

E xorde a pregunta: como poden vivir tantos anos estes seres vivos? Un equipo internacional de científicos, liderado por Christophe Plomion, da Universidade de Bordeus en Francia e coa participación da Universidade de Xirona, revela que a longa vida útil das árbores podería explicarse pola expansión duns xenes resistentes ás enfermidades.

O estudo, publicado en Nature Plants, explicaría como algunhas árbores poden sobrevivir durante séculos a pesar das adversidades.

Follas e froito do Quercus robur.
Follas e froito do Quercus robur.

Os investigadores centráronse no carballo común (Quercus robur), unha árbore que conta con 450 especies repartidas por Asia, Europa e América, e que se converteu en todo un emblema cultural pola súa ubicuidade e lonxevidade.

Para iso, secuenciaron o xenoma desta árbore e comparárono coas secuencias de xenoma completo doutras plantas. Os resultados amosan que o carballo experimentou unha explosión masiva de duplicación de xenes en tándem (en rexións que se atopan unha á beira da outra).

A acumulación de mutacións somáticas parece contribuír ao 73% da expansión da familia de xenes totais do carballo. Estes están asociados en gran medida con xenes de resistencia a enfermidades e exhiben firmas de selección positiva. “Este traballo expón novas preguntas sobre a contribución desta carga mutacional na adaptación, en particular respecto das defensas contra novas pragas e patóxenos”, din os autores no estudo.

Segundo os investigadores, o sistema inmunitario fai unha contribución esencial á supervivencia de plantas de longa vida durante varios séculos. Os científicos tamén atoparon expansións similares do xene de resistencia á enfermidade noutros xenomas de árbores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descubrindo o sorprendente cerebro do polbo: analizan o seu xenoma a escala cromosómica

Un estudo internacional axuda a caracterizar a diversidade celular do cerebro en desenvolvemento, a súa evolución nos cefalópodos e o repertorio de ARN non codificante propio destes animais

Estas son as claves da primeira secuencia completa do cromosoma Y humano

Este avance revela importantes características xenómicas, con implicacións para a fertilidade e en enfermidades como o cancro

Identificadas novas rexións do xenoma asociadas ao TDAH

Entender a xenética deste trastorno e a asociación con outras patoloxías axudará a previr e diagnosticar precozmente os pacientes

Un carballo galego, no podio do concurso ‘Árbore do ano en España’

Está situado en Pontevedra e consegue o terceiro posto, por detrás detrás dunha aciñeira cántabra e dun plataneiro valenciano