Os satélites que seguen os lumes activos nas últimas horas amosan milleiros de hectáreas afectadas. Fonte: Effis.

Os satélites que seguen os lumes activos nas últimas horas amosan milleiros de hectáreas afectadas. Fonte: Effis.

Varios concellos galegos, arrasados na súa maior parte polo lume

O sistema europeo de información de lumes forestais comeza a amosar a gran magnitude da vaga de incendios que asola Galicia

A medida que a chuvia comeza a caer e os lumes comezan a remitir en Galicia, comeza a albiscarse a enorme magnitude dos máis de cen incendios que afectaron ao noroeste da península Ibérica nesta fin de semana. Amais da destrución notable e palpable sobre o terreo, as imaxes do satélite evidencian os danos causados polos lumes.

Unha das ferramentas de referencia é a do Sistema Europeo de Información de Incendios Forestais (Effis, polas súas iniciais en inglés). Grazas a unha rede de satélites da Axencia Espacial Europea, no marco do programa Copernicus, a aplicación web do Effis amosa, cos seus sensores Modis e Viirs, unha estimación da superficie afectada polo lume.

Reconto de focos activos rexistrados polo Effis. En vermello, os das últimas 24 horas, e en laranxa, o dos últimos sete días. Fonte: Effis.

Reconto de focos activos rexistrados polo Effis. En vermello, os das últimas 24 horas, e en laranxa, o dos últimos sete días. Fonte: Effis.

Así, pódese ver que os maiores incendios por número de hectáreas, á espera do reconto oficial, foron os que afectaron aos arredores de Vigo e Nigrán, a comarca de Allariz-Maceda, As Neves, Salvaterra e Monção, San Cristovo de Cea, A Gudiña, Cervantes, Vilariño de Conso ou a parte asturiana e leonesa da serra de Ancares.

Con todo, pola súa extensión, o lume máis destacado é o que afectou aos concellos de Pazos de Borbén, Soutomaior, Ponte Caldelas ou Redondela. A faixa afectada esténdese desde de forma paralela ao leste da AP-9 desde Pontevedra ata Vigo; unha fronte queimada de arredor de 20 quilómetros. Por outra banda, o incendio da raia, entre Monção, Salvaterra do Miño e As Neves, arrasou de norte a sur este último municipio. O mapa do Effis confirma o dito por algúns veciños e autoridades do concello a varios medios, cando aseguraban que “xa non quedaba nada por arder”, con máis do 90% da superficie municipal calcinada polas lapas.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.