Xoves 25 Abril 2024

Trinta investigadores, no comité científico da candidatura das illas Cíes á Unesco

No marco da preparación científica da candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade da UNESCO, o próximo día 10 de outubro terá lugar no Museo do Mar de Vigo a primeira reunión do comité científico, no que participa a USC. En concreto, forman parte María Loureiro, do Departamento de Fundamentos de Análise Económica, e Sebastián Villasante, do Departamento de Economía Aplicada, pola súa experiencia na valoración de recursos naturais e de servizos ecosistémicos terrestres e mariños.

Foto de familia do comité científico, na súa reunión fundacional.
Foto de familia do comité científico, na súa reunión fundacional.

O comité científico da candidatura, cuxa coordinación técnica corresponde ao Campus Do Mar, está composto por 30 especialistas das tres universidades galegas, o CSIC e o IEO, e encargarase de achegar o maior coñecemento que se dispoña en torno á excepcionalidade ecolóxica e dos servizos ecosistémicos das illas.

Publicidade

Este arquipélago presenta unha gran diversidade de ecosistemas que engloba un amplo espectro de hábitats e formacións xeolóxicas de gran relevancia natural tales como cantís, praias e sistemas dunares que, xunto cos hábitats somerxidos dos fondos mariños, sustentan unha extraordinaria diversidade de elementos xeolóxicos e especies de flora e fauna, ademais dunha das maiores agregacións de aves mariñas do mundo.

Nesta primeira reunión do comité científico está previsto que se revisen os obxectivos da candidatura requiridos pola UNESCO así como a evidencia científica existente sobre o valor excepcional universal das Illas Cíes, definida no documento ‘Directrices Prácticas para la aplicación de la Convención del Patrimonio Mundial’ de xaneiro de 2008 como “unha importancia cultural e/ou natural tan extraordinaria que transcende as fronteiras nacionais e cobra importancia para as xeracións presentes e vindeiras a nivel mundial”.

Entre outros investigadores, participan tamén no comité científico, pola Universidade de Vigo Gonzalo Méndez, Jesús Troncoso, Francisco Ramil, Irene Alejo, Alberto Velando, José María Sánchez, Luis Navarro, María Calviño e Adolfo Cordero; o catedrático da UDC Rodolfo Barreiro;os investigadores do IEO Victoria Besada e Juan Bellas e os científicos do CSIC Miguel Planas, Francisco Saborido, Ángel Gónzález e Ricardo Prego. A coordinación do comité corre a cargo do catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo e director do Campus do Mar, Emilio Fernández.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia

Máis do 90% das crías de pardela cincenta teñen plásticos no estómago

Un estudo en exemplares xuvenís de Canarias e Azores apunta a esta especie como un biomarcador de refugallos flotantes no Atlántico norte