Sábado 20 Abril 2024

Unha cadea de pequenos terremotos sacude o interior de Galicia

Varios pequenos terremotos están a sacudir Galicia nos últimos días. O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou unha sucesión de pequenos sismos, que suman un total de 16 nos últimos 30 días. A última cadea estivo formada por catro sismos nos últimos días, que afectaron a zonas Lugo e Ourense.

Entre os rexistrados nas últimas horas, o primeiro sucedeu no concello de Triacastela, zona habitual de sismos, con 2,7 na escala de Richter ás 11 da mañá do pasado xoves. E o domingo houbo tres movementos detectados polos sismógrafos. A xornada dominical amenceu cun pequenos terremoto de 2,5 na escala Ritcher en Becerreá, ás 08.30 horas cunha réplica ás 10.30 horas. A provincia de Ourense tamén tremeu onte cun sismo de menor magnitude que os anteriores, concretamente de magnitude 2,1 ás 11.59 horas do sábado.

Publicidade

O último movemento sísmico rexistrado o domingo tivo lugar no concello lucense de Guntín cun sismo de 2,3 na escala Ritcher. Polo momento non hai constancia de que fose sentido pola poboación destas localidades.

Localización de sismos en Galicia nos últimos 30 días. Fonte: IGM.
Localización de sismos en Galicia nos últimos 30 días. Fonte: IGM.

No que vai de mes, Galicia acumula dezaséis sismos rexistrados polo Instituto Xeográfico Nacional. O máis forte deles foi rexistrado no mar, á altura de Estaca de Bares e foi o único que superou o 3 na escala de Ricther.

Cada ano prodúcense ducias de terremotos en Galicia, pero a gran maioría teñen magnitudes moi pequenas e son imperceptibles para a poboación porque se producen a máis de 10 quilómetros baixo terra. Nalgúns casos o seu epicentro localízase a máis de 20 quilómetros de profundidade. Os sismos que pasan case desapercibidos para as persoas son os que non alcanzan os 2,9 graos na escala de Richter. A partir desa cifra móvense os obxectos colgados e a maioría das persoas poden sentilos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204