Venres 29 Marzo 2024

Triclosán: o desinfectante que está matando as algas

As investigadoras do Laboratorio de Microbioloxía da Universidade da Coruña Carmen Rioboo e Ángeles Cid acaban de presentar, xunto a científicos da Autónoma de Madrid, un estudo sobre o impacto do triclosan nas algas verdes da especie Chlamydomonas reinhardtii. Segundo os resultados da investigación, publicados en Aquatic Toxicology, este composto, un desinfectante presente en produtos de hixiene bucal, desodorizantes e xabóns, induce importantes cambios que desembocan na morte celular destes organismos acuáticos.

Esquema molecular do triclosán.
Esquema molecular do triclosán.

O triclosán é un antimicrobiano cada vez máis utilizado, e as plantas de tratamento de augas residuais aínda non están adaptadas para filtralo, polo que é vertido directamente aos ecosistemas acuáticos despois da depuración. A súa toxicidade xa fora descrita, pero descoñecíanse os mecanismos que a causaban. Agora, a investigación na que participan os científicos galegos dá un paso fundamental para entender este dano.

Publicidade

A través de técnicas de análise biolóxica, física e xenética, foi posible amosar que o triclosan induce, entre outros cambios, tensión oxidativa, perda de integridade e despolarización da membrana citoplasmática, redución da actividade metabólica, acidificación no interior da célula e, finalmente, a apoptose, é dicir, a morte celular. Os resultados tamén amosaron que este composto afecta seriamente á fotosíntese destes organismos.

1 comentario

  1. Haber, si he este o motivo polo cal, nas prosimidades da EDAR de Bens as algas non medran ,sobretodo as laminarias. Antes o fondo nas Illas do Portillo Hera unha selva de algas,ahora he un desierto de pedras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os ’pellets’ xa invaden zonas mariñas protexidas de Galicia

Unha simulación realizada pola organización internacional Oceana predí que os plásticos están presentes en todo o litoral da comunidade

Un equipo galego utiliza materiais que respiran CO2 para refrixerar e quentar fogares

O grupo da UDC busca substituír os actuais compoñentes de calefacción, daniños para o medioambiente, por outros máis sostibles e eficientes

Un equipo galego usará IA para detectar contaminantes nas augas termais

Investigadores da UVigo lideran o proxecto Aquapred que predicirá a posibilidade de aparición de bacterias como a lexionela e a E. coli

O petróleo e os seus residuos inducen a metamorfose en invertebrados mariños

Un estudo internacional apunta que estas substancias poden alterar o ciclo e os procesos naturais destes animais