Xoves 28 Marzo 2024

Tormenta de lume: un muro de fogo “que parece vir de todas as direccións”

Unha desgraciada mestura: unha tormenta de lume voraz, as carencias na prevención e unha masa de árbores e arbustos convertida nunha caixa de mistos debido a unha cuestionable xestión forestal, ao calor e á seca. A traxedia que sacudiu na noite do sábado ao domingo ao centro de Portugal, no distrito de Leiria, e que causou, ata o de agora, 64 mortos, deixa numerosas preguntas sobre como un incendio se pode converter, en pouco tempo, nunha trampa mortal para tanta xente.

Este tipo de lumes propágase de xeito “moi rápido e errático”

As hipóteses das autoridades portuguesas apuntan a un lóstrego como o causante de que se iniciara o lume. A partir de aí, as condicións meteorolóxicas, con temperaturas de 40ºC, unha humidade baixa – chegou a estar por baixo do 20% – fixeron o resto. Para Juan Picos, profesor da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra, o caldo de cultivo do lume foron “as correntes de convección das tormentas que se estaban desenvolver, que fixeron que se transformase nun lume eruptivo”. Este tipo de fenómenos – sinala Picos – coñécense como “tormentas de fogo”. Neste contexto, os lumes pasan a ser, por si mesmos, un fenómeno meteorolóxico de seu.

Publicidade

Neste entorno, os incendios “crean a súa propia dinámica de vento local” e “as conveccións que se crean fan que o lume sexa moi rápido e errático, con refachos que parecen vir de todos os puntos cardinais, en todas as direccións“.

Así, o calor do lume fai ascender o aire situado enriba do foco, polo que o aire frío do entorno pasa a encher o baleiro e aporta osíxeno á combustión. Aínda que o foco do lume está relativamente estable, as temperaturas que se alcanzan nese punto e nos arredores son tan elevadas que en calquera momento pode xurdir un novo foco nas proximidades, case como se fora unha combustión espontánea.

Punto da estrada N236-1, rodeada de piñeiros e eucaliptos, onde morreron gran parte das vítimas. Imaxe: Google Street View.
Punto da estrada N236-1, rodeada de piñeiros e eucaliptos, onde morreron gran parte das vítimas. Imaxe: Google Street View.

As características da masa forestal xogan, por tanto, un papel clave na propagación deste tipo de lumes. “Estas tormentas aparecen en lugares cunha altísima dispoñibilidade de biomasa combustible, en base á súa cantidade, dimensión e humidade”. Tal e como se pode ver nas imaxes de Google Street View, o tramo da estrada N236-1 onde morreron a maior parte das vítimas está flanqueada por un alto bosque de piñeiros e eucaliptos. Así, os fortes ventos e as altas temperaturas que se xeran no interior deste tipo de sistemas aceleran a propagación do lume e ademais, a topografía escarpada pode acelerar o avance do lume e agravar as súas consecuencias.

Prevención

Tal e como sinalan os expertos, é imposible influír sobre a meteoroloxía, pero si se poden acometer medidas de prevención e xestión que poderían evitar a perda de decenas de vidas. De feito, desde as horas posteriores á traxedia xurdiron as críticas cara a política forestal dos sucesivos gobernos, nun país no que cada ano arden decenas de miles de hectáreas.  “O número de vítimas veu causado pola existencia de núcleos de poboación espallados con escasas vías de escape”, apunta Juan Picos. Ademais dos 47 falecidos na estrada, outras 11 persoas perderon a vida nunha aldea de pouco máis de 30 habitantes, tal e como contaba un veciño a Observador. Un grupo de veciños deste mesmo lugar conseguiu salvarse ao poñerse a salvo nun tanque de auga, pero outros faleceron carbonizados ou asfixiados ao intentar escapar, tal e como conta La Voz de Galicia.

Neste sentido, Juan Picos alude á “falta de formación cara a poboación para actuar ante este tipo de catástrofes”, así como a necesidade de “creación de rutas de evacuación ou lugares seguros de concentración“, que tampouco existían neste caso.

Non hai que obviar tampouco á xestión do medio rural como un factor a ter en conta. “A xestión agrícola, forestal e gandeira, ou a ausencia delas, inflúen na dispoñibilidade de combustible, na creación de discontinuidades, na vitalidade da vexetación e da súa adaptación ás tendencias climáticas”. Neste punto, explica o profesor da UVigo, o cambio climático está a influír con períodos máis secos, o que aumenta a capacidade combustible da biomasa pola súa menor humidade, as olas de calor cada vez máis frecuentes e, por tanto, a aparición de tormentas secas”.

2 COMENTÁRIOS

  1. Lo han hecho mal. Lo sabemos y siguimos consentiendo que se haga peor,,solo pensamos en ello cuando ocurren estas desgracias, antes miramos para otro lado mientras nos aporte algun beneficio económico,, donde esta ese beneficio ahora?,,como recuperamos esas vidas?,,que hacemos ahora?,,que vamos hacer mañana?…,,,seguramente nada, lamentarnos y hacer lo que estoy haciendo yo., Joder,,no puede ser., no tiene sentido, no,no y no,,hay gestionar los montes de otra manera, el dinero no lo justica todo.

  2. Que indicacións, modelos de xestión e planificación están dispoñibles en Galicia para a ordeacion de montes veciñais, tendo en conta a inflamabilidade das especies, o maior estress hídrico previsto polo cambio climático, (tipo de especies e estructura, discontinuidades, etc)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.

Cales foron as causas da seca que precedeu aos incendios de Australia? Un equipo de Ourense ten a clave

A investigadora Milica Stojanovic, do grupo EphysLab da UVigo, centrou o seu traballo en analizar as fontes de humidade da zona
00:03:16

P de Portugal: algo máis que irmáns (ata o século XII)

Cando morreu o rei García en 1090, o Reino de Galicia pasa a ser divido en dous condados separados polo río Miño
00:03:43

C de Inés de Castro: A raíña eterna de Portugal

A historia da aristócrata de orixe galega móvese entre a realidade e a ficción. Casou con Pedro I e foi asasinada por mandato do seu sogro