Venres 19 Abril 2024

Sensibilización medioambiental e hábitos saudables para os veciños de Vigo

“Camiño a Camiño” é un programa de educación medioambiental desenvolto pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo. Creouse co obxectivo de lograr unha sensibilización medioambiental e fomentar os hábitos saudables entre a cidadanía viguesa.

A sétima edición do proxecto comezou no mes de xaneiro e rematou a finais de xuño. E despregou cunha ampla e variada programación, na que se combinaron actividades clásicas xunto con percorridos medioambientais pola conca fluvial de Vigo e as serras da Bisbarra. Ademais de hortas-escola ou accións formativas de voluntariado e cursos relacionados cos viños de Galicia e coa alimentación saudable.

Publicidade

Dende o seu inicio, desenvolvéronse preto de corenta actividades diferentes, convocadas a través do seu blog e cuxos destinatarios son persoas maiores de idade residentes en Vigo ou nenos acompañados polos seus pais ou titores. No caso de que existisen vacantes, a inscrición tamén chegaba aos non residentes.

As percorridos medioambientais son as actividades máis solicitadas polas familias

“Camiño a Camiño” é posible grazas á labor dos membros da Oficina Municipal de Voluntariado, persoas que, de xeito totalmente altruísta, prestan os seu apoio para a xestión e mantemento medioambientais da cidade. Para ser parte desta organización, ademais de ser maior de idade e veciño de Vigo, requírese a realización dun Curso de Iniciación ao Voluntariado Medioambiental e cumprir cos requirimentos da Lei de Voluntariado de Galicia.

A última gran actividade celebrouse en xuño, na que varias familias pasaron dous días, con acampada incluída, nas Illas Cíes. Tal e como definen no seu blog, “a fin de semana en Cíes resultou moi intensa para as familias”. O sábado permitiu mergullarse no paraíso natural das illas e coñecer cos 5 sentidos o que nela se pode atopar, así como comprobar directamente a labor de erradicación de especies invasoras. A visita do domingo permitiu camiñar pola illa e comprobar a razón pola que algúns chaman a este espazo natural a “Illa das gaivotas“, permitindo que os participantes observasen de primeira man como os poliños estaban a dar sinais de vida.

Se es veciño ou veciña do Concello de Vigo, este programa é garantía de vivir a natureza da túa contorna. No seu blog atoparás toda a información necesaria para formar parte desta ou próximas edicións do programa “Camiño a Camiño”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de accesible é a rúa na que vives? Compróbao neste mapa

A aplicación 'City Access Map' permite comprobar que servizos están a menos de 15 minutos camiñando nas cidades e areas metropolitanas de Vigo e A Coruña

O Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión insta ao impulso da terapia en Galicia

O evento acolle en Vigo a máis de 40 expertos os días 22 e 23 de febreiro

A UVigo bate récords na captación de fondos nacionais coa consecución de 5,5 millóns de euros para 40 proxectos

A metade dos traballos están vinculados os investigadores dos centros CIM, CINBIO, atlanTTic, Cintecx e Ecobas

A galega Elena Ojea gaña o Premio Fundación Banco Sabadell á Sostibilidade Mariña

A investigadora recibe este recoñecemento polo seu traballo sobre a adaptación e transformación dos sistemas socioecolóxicos mariños