Os alevíns de salmón resultan especialmente afectados polo exceso de cobre, segundo a investigación. Imaxe: E. Peter Steenstra / Wikicommons.

Os alevíns de salmón resultan especialmente afectados polo exceso de cobre, segundo a investigación. Imaxe:

A mina de Touro deixaría o salmón do Ulla “ao bordo da extinción”, segundo un estudo

Científicos do CSIC, USC, UVigo e universidade de Swansea publican unha investigación que relaciona unha maior mortalidade coa exposición ao cobre

O proxecto da reapertura da mina de cobre situada entre os concellos de Touro e O Pino, preto de Santiago, podería deixar ao salmón do río Ullaao bordo da extinción“, segundo un estudo científico publicado por investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo-CSIC, USC, UVigo e a universidade galesa de Swansea. Hai unhas semanas, a Sociedade Galega de Historia Natural presentaba un informe de alegacións ao proxecto que falaba de “deficiencias e contradicións no plan empresarial.

O traballo, publicado na revista Environmental Pollution, analiza os restos de metais pesados nas escamas de 492 salmóns capturados no río, ao longo de 61 anos, desde 1951 a 2012. Como mostra de control tomaron exemplares do río Miño. Estas análises revelan un aumento significativo de bioacumulación de cobre que coincide cos períodos de apertura da mina, entre 1973 e 1986. Unha vez pechada a explotación, os niveis regresaron as valores de base.

Un exceso de cobre afecta ao tecido das branquias, di o estudo

Entre outras evidencias, a investigación amosa tamén que “a exposición ao cobre veu acompañada dun notable descenso no crecemento de alevíns e na abundancia relativa de salmón no Ulla, algo que non se viu noutro río próximo non afectado pola minaría”, subliña o traballo.

O cobre, segundo explican os autores da investigación é “un oligoelemento esencial nos organismos acuáticos, que actúa como cofactor para varias enzimas que xogan un papel clave no metabolismo celular”. Non en tanto, un exceso deste metal na auga “pode ser tóxico porque afecta directamente á integridade estrutural do tecido das branquias e á osmoregulación”. Isto, engaden, “reduce a supervivencia, particularmente durante as etapas xuveniles nas que os peixes teñen un tamaño pequeno, ou cando migran da auga do río ao medio mariño”.

Así, os resultados suxiren que a “exposición crónica a niveis subletais de cobre disolto puideron ter incrementado a mortalidade dos alevíns de salmón, aínda que os efectos a longo prazo da contaminación por cobre na supervivencia do salmón son difíciles de demostrar. Ademais, as análises indican que “as capturas de salmón nos ríos afectados pola polución baixaron en moita maior medida que nos ríos non afectados”.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.