Unha das plantas usadas para a elaboración de cosméticos

Unha das plantas usadas para a elaboración de cosméticos

As plantas medicinais, un recurso sostible para as reservas da Biosfera de Lugo

Un curso de verán no Campus Terra analiza as posibilidades económicas e o valor terapéutico destes vexetais

‘As plantas medicinais no desenvolvemento sostible das reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá’, é o título do curso incluído na programación da Universidade de Verán da USC que se desenvolverá do 17 ao 20 de xullo no Instituto Universitario de Investigación de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) do Campus Terra da USC e na Estación Científica do Courel.

Estruturado en 30 horas lectivas e aberto á participación dun máximo de 50 persoas, este programa estival de formación e divulgación científica dirixido polos profesores Antonio Rodríguez Rigueiro e Rosa Romero Franco conta con financiamento da Deputación Provincial de Lugo e do Ibader, ao tempo que inclúe dúas viaxes de prácticas pola Serra do Courel e tamén pola Reserva da Biosfera Terras do Miño.

As plantas medicinais poden ser un recurso económico complementario no agro galego

Os obxectivos deste programa incluído na Universidade de Verán 2017 da USC e que xa vai pola súa quinta edición son amplos e pasan por divulgar diversos aspectos sobre a importancia económica e funcional das plantas medicinais, así como respecto dos seus múltiples usos e tamén sobre o seu valor económico.

Estruturado en relatorios e sesións cunha orientación máis práctica, tales como un taller de cosmética natural ou sesións sobre procesado industrial das plantas medicinais, os organizadores deste curso da Universidade de Verán 2017 da USC pretenden achegar ao público participante unha visión ampla sobre as plantas e fungos medicinais desde diferentes aspectos, afondando nas especies que podemos atopar en Galicia. A análise das variables económicas que acubillan as plantas medicinais, a fin de poder contemplalas como un recurso económico complementario no medio rural galego, e especialmente nos espazos protexidos, como as Reservas da Biosfera, a fin de contribuír ao desenvolvemento rural nestas zonas, é outro dos cometidos deste foro.

As persoas interesadas en obter máis información respecto do programa deste curso de verán da USC, poden facelo a través da web da Universidade de Verán da USC 2017, onde tamén se é posible formalizar a inscrición neste programa, para o que está aberta a matrícula ata o vindeiro 7 de xullo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.