A pita do monte está oficialmente extinguida en Galicia dende o ano 2005.

A pita do monte está oficialmente extinguida en Galicia dende o ano 2005.

A pita do monte, entre as sete especies que se atopan nunha situación máis crítica en España

O Ministerio de Medio Ambiente aprobou esta semana unha proposta para a declaración do perigo de extinción destes organismos

O Ministerio de Agricultura, Pesca Alimentación, e Medio Ambiente (Mapama) aprobou esta semana, por primeira vez, a declaración de sete especies en situación crítica. Unha vez se aprobe a orde ministerial, estas sete especies terán unha maior protección para evitar a súa extinción. Entre elas figura a pita do monte cantábrica (Tetrao urogallus cantabricus), xa extinguida en Galicia e nunha situación límite noutros puntos da cornixa cantábrica.

Actualmente, a pita do monte xa desapareceu tamén en amplas zonas do norte de Castilla y León e padece un declive do 30 por cento en Cataluña. Esta rexión é a única na que existe un censo completo en todo o seu territorio. Os últimos rexistros en Aragón falan de menos de 40 machos e a súa presenza é residual en Cantabria e Navarra. En Asturias non se coñece o estado da súa poboación.

Esta situación de abandono da pita do monte foi denunciada por grupo ecoloxistas, como SEO/BirdLife ou WWF. En declaracións á axencia Sinc, Nicolás López, responsable de especies de SEO/Birdlife, lamenta que “considerando o elevado grao de ameaza, é totalmente inaceptable que non existan datos fiables e actualizados sobre a situación da especie. É o único xeito de garantizar que se tomen as medidas de xestión e conservación axeitadas”, apunta.

Outras seis especies en situación crítica

Ademais da pita do monte, o Mapama aprobou a declaración de situación crítica para a xara de Cartagena, o picanzo pequeno, a náiade auriculada, a cerceta parda, o visón europeo e a nacra común.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.