Niño de píllara das dunas atopado na praia de Baldaio (Carballo). Foto: Axena.

Niño de píllara das dunas atopado na praia de Baldaio (Carballo). Foto: Axena.

Aparecen novos niños de píllara das dunas, unha ave en perigo en Galicia

Localizáronse varios ovos nas praias de Baldaio e Agueira, dous dos areais propicios para a súa cría

A píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) é unha ave que se atopa nunha complicada situación en Galicia. O noso litoral é o único do norte de España onde aínda sobrevive esta especie, polo que o seguimento da súa poboación é esencial. Tal e como confirmaron membros da entidade naturalista Axena, nos últimos días apareceron varios niños desta especie nas praias de Baldaio (Carballo) e Aguieira (Porto do Son).

Biólogos e ecoloxistas solicitan máis medidas de protección

Nesta época comeza a posta dos ovos, que se leva a cabo normalmente en praias con dunas ou lagoas. Nos últimos lustros, a poboación da píllara viuse gravemente afectada, sobre todo, polo impacto do ser humano. Os bañistas, e as mascotas que corren ceibas pola area, coma os cans, poden esmagar os niños, coa conseguinte morte das crías. Por iso, biólogos e colectivos ecoloxistas alertan da necesidade de tomar medidas nos areais con maior presenza de niños, como son, ademais de Baldaio e Agueira, outras praias como Coroso ou Valdoviño. Entre elas están a sinalización e protección dos niños e a obriga de levar amarrados aos cans pola area.

Exemplar de píllara.

Exemplar de píllara.

Amais do factor humano, os niños teñen que se enfrontar a outras dificultades, como a presenza de predadores e a acción das mareas vivas. De feito, un dos niños aparecidos na Aguieira xa foi destruído pola subida da marea.

Segundo o Catálogo Galego de Especies Ameazadas, a píllara das dunas, tamén coñecida como píllara papuda, atópase nunha situación “vulnerable”.

Unha resposta a “Aparecen novos niños de píllara das dunas, unha ave en perigo en Galicia”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.