DLOnnn8W4AAhCYR

Ourense bate o récord de temperatura en España no mes de outubro

Arnoia con 37,5 graos e Leiro con 37,3 marcan un fito histórico para o comezo do outono

Ourense bate o récord de temperaturas en España no mes de outubro dende que hai rexistros. Os 37,5 graos rexistrados por Meteogalicia no observatorio de Remuíño en Arnoia e os 37,3 alcanzados no observatorio de Leiro supoñen un máximo a escala estatal.

Entre as cidades galegas, Ourense (32) foi a única que estivo por riba dos 30 graos, pero Pontevedra se situou moi preto, con 29 graos rexistrados.

Pero son os datos de Leiro e Arnoia os que realmente fan historia. A temperatura máxima no mes de outubro rexistrada en España correspondía ata o de agora aos 36,5 graos de Xerez da Fronteira no ano 2011. Nos seguintes anos, as temperaturas máximas do mes foron: Córdoba (34,6, no 2016), Alicante (34,3 no 2015), Málaga (36,3, 2014), Tortosa (34,5, 2013) e Murcia-Alcantarilla (35 graos, no 2012).

Segundo os datos da Axencia Española de Meteoroloxía, a seguinte temperatura máxima tras os datos de Ourense é a de Badaxoz, con 36 graos rexistrados este martes 3 de outubro.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.