Os seis consellos para celebrar San Xoán sen danar o medioambiente.

Os seis consellos para celebrar San Xoán sen danar o medioambiente.

Os seis consellos para celebrar San Xoán sen danar o ambiente

Adega advirte dos riscos das cacharelas e propón recomendacións prácticas á veciñanza

Este xoves é a popular noite de San Xoán. Unha festa moi celebrada na comunidade galega, na que milleiros de cacharelas arderán por todo o territorio. Ademais dos lumes, as sardiñas e a música, é unha noite na que se acumulan miles de toneladas de lixo cuxos efecto producen estragos no medio ambiente.

Co fin de concienciar á poboación dos riscos que estes residuos poden chegar a ocasionar no medio ambiente, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia  (Adega) propón seis prácticos consellos ós veciños.

  1. Acotar os espazos das celebracións sobre todo nas proximidades de espazos naturais como fragas, bosques, ríos ou contornas históricas ou monumentais. Evitaremos riscos de lumes, danos á fauna e flora sensíbel, ao patrimonio, e accidentes ás persoas.
  2. Evitar facer cacharelas en praias e dunas, especialmente en litorais protexidos ou de alto valor ecolóxico. Tede en conta que mesmo nunha praia urbana, por moi humanizada que pareza, pode albergar unha rica biodiversidade, mesmo especies ameazadas ou en período de cría, como a píllara das dunas.
  3. Ter previsto e sinalizado zonas de aparcamento e servizos hixiénicos, e se é posíbel, un posto de información permanentemente atendido. Para evitar problemas coa volta a casa podes achegarte andando ou en bici á cacharela máis próxima, sen esquecer o chaleco reflectinte.
  4.  Dispoñer sempre de protocolos, materiais e persoal responsábel de velar polo bo desenvolvemento da festa e con capacidade para previr situacións de risco e facer fronte aos pequenos accidentes que sempre se producen: queimaduras, pequenos lumes, caídas, intoxicacións…
  5. Para reducir o volume de refugallos xerados unha boa medida é usar recipientes (vasos, pratos) de barro ou louza, e garrafas de cristal retornables, que os clientes poden levar coa consumición pagando unha pequena fianza. Logo, ao retornalos, seralles devolta a fianza se non queren ficar con eles. Tentaremos evitar, na medida do posíbel, o uso de vaixelas de usar e tirar, e de ter que facelo, que sexan preferibelmente de papel/cartón e non de plástico.
  6. Debería haber suficientes contedores para a recollida selectiva dos refugallos, cando menos de orgánico, papel-cartón, vidro e envases lixeiros, e a recollida debería facerse logo de rematada a festa. Os refugallos estrados en carballeiras e praias durante días ou o lixo acumulado nos contedores sen recoller, degradan moitas paisaxes singulares e contaminan o ambiente.

Adega lembra que evitar estes impactos tamén depende de cada un, mudando os nosos hábitos: se vas á praia, río ou monte non deixes o lixo ciscado. Ao final estes materiais, sobre todo os plásticos, rematan no medio ambienteo mar, e son unha das principais causas da contaminación mariña, e ao inxerilos os animais mariños, peixes ou aves causándolles a morte. Pero, sobre todo, a asociación anima a desfrutar da noite do lume sen causar danos á natureza.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.